Imprimir y PDF

Alumnos do IES de Foz visitan Ribeira Sacra

22/02/2014

O pasado venres día 21 un grupo de quince alumnos de primeiro e segundo curso de ciclo medio de Servizos e Restauración do IES de Foz (Lugo) acompañados por dous profesores visitaron a sede do CRDO Ribeira Sacra. A técnico Eva Álvarez Arza realizoulles unha sesión explicativa sobre a denominación de orixe: caraterísticas do terreo, subzonas, variedades pertencentes á denominación, proceso de elaboración do viño ata a súa saída ao mercado, funcións do Consello Regulador, etc...

Tras a sesión explicativa trasladáronse a visitar a primeira adega Regina Viarum e os viñedos da subzona de Amandi.
Pola tarde visitaron a adega de Jorge Feijóo González e os viñedos da subzona de Ribeiras de Sil, e posteriormente trasladáronse á subzona de Chantada para visitar Adegas e Viñedos Via Romana e os seus viñedos, finalizando a xornada nesta adega.

Cabe mencionar que estes estudantes son os futuros cociñeiros, restauradores, sumilleres ou traballadores do sector de servizos e restauración en xeral, que nun futuro serán os encargados de traballar cos viños e por iso é imprescindible que coñezan a denominación de orixe Ribeira Sacra, unha denominación de orixe próxima e en auxe.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: