Imprimir y PDF

Resultado da Cata de Calificación da Colleita de 2013

28/02/2014

Hoxe, 28 de febreiro, no concello de Pantón, da subzona de Ribeiras do Miño, na Igrexa de Pombeiro, tivo lugar a Cata de Calificación da Colleita de Ribeira Sacra.

O Panel de Cata estivo formado polos seguintes catadores:

  • Xurxo Alba Padín, membro da Asociación Galega de Catadores
  • José Felicísimo Pereira, membro da Asociación Galega de Enólogos
  • José María Martínez Alonso, membro do Panel de Cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Luis Díaz Álvarez, membro do Panel de Cata do CRDO Ribeira Sacra
  • José Luis Hernández Mañas, experto en vitivinicultura
  • José Serrano Cuadrillo, experto en vitivinicultura
  • Ana María Martín Albid, sumiller e Vicepresidente da Asociación do Viño e Queixo deLanzarote
  • Alberto González González, sumiller
  • José Luis Díaz Azkarate, membro da Confraría do Viño de Navarra e do panel de cata do CRDO Navarra
  • Bartolomé Sánchez Martínez, xornalista gastronómico
  • Laura Gaioso Losada, membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia


Os catadores outorgaron unha puntuación de 7.8, só a dúas décimas da calificación de excelente que se outorga cunha puntuación de 8.
A calificación outorgada é moi positiva para o conxunto da denominación de orixe e indícanos que os viños que se están a elaborar son de moi alta calidade.

A recollida de mostras comezou o pasado 17 de febreiro polos técnicos do Consello Regulador, que recolleron un total de dez mostras de dez adegas diferentes, dous por cada unha das cinco subzonas que forman a denominación orixe Ribeira Sacra, finalizando a recollida destas o pasado día 24.

A cualificación da Colleita de Ribeira Sacra 2013 é MOI BOA.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: