O CRDO Ribeira Sacra estará presente en Madrid, como cada ano nesta cita ineludible, no Salón de Gourmets que se celebrará do 10 ao 13 de marzo de 2014, en IFEMA, Recinto Feiral Juan Carlos I, no posto institucional da Xunta de Galicia (Pavillón 6, F 10), sendo o horario de apertura do recinto de 10:00 h a 19:00 h.
No marco de actividades programadas na Aula de Catas do recinto feiral, RIBEIRA SACRA realizará as seguintes actividades, co fin de dar a coñecer o público asistente as peculiaridades e características do viño e da viticultura en Ribeira Sacra así como a espectacularidade da paisaxe.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España