O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra mañá, venres 14 de marzo ás 21:00 h., realizará unha cata - presentación pública no Museo do Viño de Valdepeñas en Ciudad Real, en colaboración coa Asociación Jóvenes Amigos del Vino de Valdepeñas.
Coa realización desta actividade de promoción búscase dar a coñecer o público de diversa procedencia e doutras zonas xeográficas o viño da D.O. Ribeira Sacra; as características do terreo na denominación, as especialidades na viticultura de elevada pendente, as variedades de uva, as premisas na elaboración do viño e a estreita relación coa paisaxe.
A presentación estará dirixida por Ruth Fernández Vidal, Técnico da D.O. Ribeira Sacra, e D. José María Martínez Alonso, membro do panel de cata da D.O. e sumiller propietario de Vinoteca O Beiro (Santiago de Compostela), e consistirá nunha de presentación da D.O. Ribeira Sacra a través dun audiovisual e posteriormente realizarase unha cata comentada de viños de diferentes anadas: mencía barrica de 2009, mencía de 2012 e mencía de 2013.
Ao finalizar a Cata de viños de Ribeira Sacra haberá unha degustación de produtos galegos con indicación xeográfica protexida en colaboración con DOP San Simón dá Costa, DOP Arzúa Ulloa, DOP Queixo Tetilla, IXP Mel de Galicia, IXP Pataca de Galicia, IXP Lacón Gallego, IXP Queixo do Cebreiro, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia e IXP Pan de Cea para continuar cunha cata comentada de Augardentes Galegas, colaborando IXP Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Prevese que o número de asistentes á cata sexa de 250 persoas.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España