Xa se coñecen os viños premiados da Feira do Viño de Chantada que na súa XXXII edición deste ano se desenvolveu os días 7,8 e 9 de marzo.
A cata oficial tivo lugar o domingo día 9 e nesta participaron 11 viños tintos, 9 viños brancos e 5 viños doutras anadas.
A cata foi dirixida por Mercedes González membro de Gallaecia (Asociación de Sumilleres de Galicia).
Os premios entregáronse o pasado sábado día 22 na Casa da Cultura do concello de Chantada.
Os viños galardoados foron:
Categoría de viños brancos:
1º premio: As Glorias 2013 de Adegas Amedo
2º premio: Viña Garoña 2013 de Adegas e Viñedos Viña Garoña
3º premio: Condado de Segueiras 2013 de Grupo Peago
Categoría de viños tintos:
1º premio: Sabatelius 2013 de Adegas e Viñedos Lareu
2º premio: Quinta de Albarado 2013 de As Oubenzas
3º premio: Pero Bernal 2013 de Adegas Amedo
Categoría de viños doutras anadas (elaborados en barrica):
Diego de Lemos 2012 da adega Teijeiro Lemos S.L.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España