Viños de Ribeira Sacra premiados co Bacchus 2014
26/03/2014
Dúas adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra obtiveron premio na XII edición do Concurso Internacional de Viños Bacchus 2014 celebrado en Madrid.
- Bacchus de Ouro para Vel'uveyra mencía 2012 da adega Ronsel do Sil S.L. da subzona de Ribeiras de Sil, situada no concello de Parada de Sil(Ourense).
- Bacchus de Prata para Rectoral de Amandi mencía 2013 de Adegas de Rectoral de Amandi S.A.U. da subzona de Amadi, situada no concello de Sober(Lugo).
Este concurso é o único en España recoñecido pola OIV (Organización Internacional da Viña e do Viño) o que fai que sexa un referente a nivel internacional.
No concurso que se celebrou durante catro intensas xornadas, do 14 ao 18 de marzo, presentáronse máis de 1.500 viños e case un centenar de catadores nacionais e internacións foron os encargados de avaliar os viños que se presentaron a concurso.