Imprimir y PDF

Ribeira Sacra en Alimentaria 2014

28/03/2014

O Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente con stand propio (Salón Intervín, Pavillón 3, Posto E 140) na feira Alimentaria que se celebra do 31 de marzo ao 3 de abril no Recinto Gran Vía de Barcelona.

Nesta edición 9 adegas da Denominación de Orixe estarán presentes no stand de Ribeira Sacra:

  • Adega do Mollón S.L.
  • Adegas Moure S.A.
  • Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U.
  • Dominio do Bibei S.L.
  • Don Bernardino S.L.
  • Laura López López
  • Ramón Marcos Fernández
  • Regina Viarum S.L.
  • Ronsel do Sil S.L.

O visitante tamén terá a posibilidade de coñecer outros viños de adegas de Ribeira Sacra que envían os seus viños para que se poidan degustar no salón: Adega Algueira S.L., Adega Cachín S.C., Adega Ponta da Boga S.L., Adegas e Viñedos Lareu S.L., Rubén Moure Fernández, Moure Viños Artesans S.L. e Pedro Manuel Rodríguez Pérez.

Alimentaria está especializada por salóns, o Salón Intervín, no Pavillón 3, é o dedicado exclusivamente a viños e espirituosos.
A aposta da Denominación de Orixe Ribeira Sacra por Alimentaria é unha aposta forte, baseada no convencemento de que a presenza nesta cita é imprescindible e abre novas oportunidades de negocio para as adegas e axuda a consolidar as xa establecidas.
Alimentaria considérase un dos salóns máis profesionalizar e especializado a nivel nacional e internacional. Haberá máis de 3.800 empresas expositoras, 1.000 delas internacionais e prevese que acudan 140.000 visitantes de 140 países diferentes.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: