XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra
23/04/2014
Os próximos días 22 e 23 de maio celebrarase a XXª edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra organizada polo Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que terá lugar no Parador de Monforte de Lemos (Lugo).
O panel de cata estará formado por persoal experto de diversa procedencia: xornalistas nacionais e internacións, sumilleres, enólogos...
As adegas inscritas na denominación de orixe poden presentar a cata as mostras cumprindo o boletín de inscrición que se encontra no apartado Documentación > Modelos Oficiais desta páxina web ata o día 8 de maio.
A Cata consistirá en dúas fases:
- Pre-cata ou cata de selección que terá lugar o día 22 de maio
- Cata final que terá lugar o día 23 de maio
Establécense 3 categorías diferentes para poder presentar os viños á Cata:
- Viños Brancos
- Viños Tintos
- Viños Doutras Añadas
A entrega de premios realizarase o mesmo día de Cata final nun acto organizado para tal fin, sendo os premios por categorías os seguintes:
- Para a categoría de Viños Brancos: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce
- Para a categoría de Viños Tintos: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce
- Para a categoría de Viños de Otras Añadas: dunha a tres Medallas de Ouro dependendo das mostras que se presentan á Cata
A recollida das mostras que se presentan á Cata será realizada polo persoal técnico do Conselo Regulador.
Descargas