Imprimir y PDF

Empeza a recollida de mostras para a XX Cata dos Viños de Ribeira Sacra

12/05/2014

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra empeza hoxe luns día 12 de maio a recollida de mostras nas adegas da denominación de orixe que participan na XX Cata dos Viños de Ribeira Sacra que terá lugar os próximos días 22 e 23 de Maio.

As categorías nas que poden participar as adegas son: viños tintos, viños brancos e viños doutras anadas cumprindo coas seguintes bases:

a.- Viños Brancos: Só poderán entrar en concurso os viños Ribeira Sacra Súmmun Blanco correspondentes á colleita 2013, podendo presentarse a cata, tantas marcas como a adega desexe. Estas indicarán o volume mínimo da partida, que non deberá ser inferior a 1000 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 500 botellas.

b.- Viños Tintos: Só poderán entrar en concurso os viños Ribeira Sacra Tinto correspondentes á colleita 2013, pedíndose presentar cata, tantas marcas como a adega desexe. Estas indicarán o volume mínimo da partida, que non deberá ser inferior a 1000 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 500 botellas.

c.- Viños doutras anadas: poderán entrar en concurso viños Ribeira Sacra de colleitas diferentes á colleita 2013 que non participasen en edicións anteriores e os viños con barrica da colleita 2013, podendo presentarse a cata, tantas marcas como a adega desexe. Estas indicarán o volume mínimo da partida, que non deberá ser inferior a 500 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 300 botellas.

As adegas participantes nesta edición son 37; as mostras inscritas son: 36 na categoría de viños tintos, 20 na categoría doutras anadas e 13 na categoría de viños brancos; sumando un total de 69 mostras inscritas nesta edición.


O panel de cata nesta XXª edición estará formado por:

  • Luis Moreno Buj: Colaborador de diversas revistas especializadas en viño e da Televisión de Valencia.
  • María Isabel Mijares e García Pelayo: Experta en Viticultura e Enoloxía.
  • Mar Romero Peratón: Xornalista especializada en viños e gastronomía, presentadora do programa "Mesa e Descanso" en Gestiona Radio.
  • Concepción Cuetos Suárez: Actriz. Catadora Oficial Internacional. Colaboradora de viños no suplemento del periódico de catalunya. Vicepresidente de Mulleres do Mundo do Viño.
  • José María Martínez Alonso: Membro do Panel de Cata de Ribeira Sacra. Summiller. Propietario Vinoteca "Ou Beiro".
  • Antonio Raluy Rodríguez: Membro do Panel de Cata de Ribeira Sacra. Membro da Asociación Galega de Catadores.
  • Iria Otero Mazoy: Membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia.
  • José Luís Martínez Lorenzo: Membro da Asociación Galega de Enólogos.
  • Waldo Carreras Albo: Experto en Viticultura e Enoloxía.
  • Bruno Krammener: Xornalista internacional.

A entrega de premios terá lugar no Parador de Monforte o día 23 de Maio.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: