Imprimir y PDF

Aberto o prazo de inscrición para a XXVI Cata dos Viños de Galicia 2014

14/05/2014

Como cada ano a Consellaría do Medio Rural e do Mar anunciou  a convocatoria dos concursos correspondentes á XXVI Cata dos viños de Galicia, á XVI Cata das augardentes de Galicia, á III Cata dos licores de herbas e de café de Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas e á I Cata das augardentes de herbas de Galicia, e dáse publicidade ás súas respectivas bases.

Estes certames terán lugar no próximo mes de xuño, sendo o prazo de presentación das solicitudes de participación de sete días a contar dende hoxe 14 de maio, día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo coas citadas bases, as solicitudes relativas aos viños con denominación de orixe presentaranse na sede do consello regulador correspondente.

As persoas interesadas en participar poden consultar a convocatoria do DOG e descargarse as bases xunto co correspondente boletín de inscrición neste mesmo apartado.

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: