Imprimir y PDF

Todo preparado para a XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra

21/05/2014

O Conselo Regulador da D.O. Ribeira Sacra xa ten todo preparado para a XXª edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que celebrarase no Parador de Monforte de Lemos os días 22 (precata) e 23 de maio (cata final).

O pasado 19 de maio os técnicos do Consello Regulador finalizaron a recollida de mostras nas adegas participantes nesta XXª edición.
As adegas participantes nesta edición son 37 e as mostras totais inscritas son 67: 34 mostras inscritas na categoría de viños tintos, 19 mostras inscritas na categoría doutras anadas e 14 mostras inscritas na categoría de viños brancos.

Os premios que se outorgarán tanto na categoría de viños tintos coma na categoría de viños brancos serán tres: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce; e na categoría de viños doutras anadas outorgaranse dous premios consistentes en dúas Medallas de Ouro.
A entrega de premios terá lugar o venres día 23 de maio no Parador de Monforte de Lemos.

O panel de cata estará composto por 10 expertos catadores:

  • Luis Moreno Buj: Colaborador de diversas revistas especializadas en viño e da Televisión de Valencia.
  • María Isabel Mijares e García Pelayo: Experta en Viticultura e Enoloxía.
  • Mar Romero Peratón: Xornalista especializada en viños e gastronomía, presentadora do programa "Mesa e Descanso" en Gestiona Radio.
  • Concepción Cuetos Suárez: Actriz. Catadora Oficial Internacional. Colaboradora de viños no suplemento de El Periódico de Catalunya. Vicepresidente de Mujeres del Mundo del Vino.
  • José María Martínez Alonso: Membro do Panel de Cata de Ribeira Sacra. Summiller. Propietario Viñoteca "Ou Beiro".
  • Antonio Raluy Rodríguez: Membro do Panel de Cata de Ribeira Sacra. Membro da Asociación Galega de Catadores.
  • Iria Otero Mazoy: Membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia.
  • José Luís Martínez Lorenzo: Membro da Asociación Galega de Enólogos.
  • Waldo Carreras Albo: Experto en Viticultura e Enoloxía.
  • Bruno Krammener: xornalista internacional.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: