Imprimir y PDF

Ribeira Sacra no Instituto Cervantes de Bruselas

09/06/2014

O Instituto Cervantes en Bruxelas foi o escenario dunha cata de viños galegos aberta ao público en xeral para promover as características especiais dos viños galegos nunha terra onde o consumo de cervexa supera o do viño.

Ribeira Sacra non podía deixar de estar presente nesta cata para dar a coñecer e promover os seus viños que cada vez son máis demandados no estranxeiro.

As marcas que participaron nesta cata foron:

  • Regina Viarum
  • San Mamed
  • Cruceiro
  • ViñaGaroña
  • Almalarga
  • Amedo
  • Via Romana
  • FincaMillara

As conclusións obtidas polo público asistente tras realizar a cata foron moi satistactorias xa que moitos deles non coñecían os viños de Ribeira Sacra e os sorprenderon gratamente. Consideran que son uns viños diferentes, frescos, afrutados e que posiblemente din moito do territorio onde se elaboran.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: