Imprimir y PDF

Ribeira Sacra supera os 7 millóns de quilos previstos para esta campaña

09/10/2019

Con data 8 de outubro, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra leva recollido 7.020.058 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Mencía con 5.845.403 Quilos e a variedade branca Godello, con 406.656 quilos.  A Denominación está a piques de finalizar a maior vendima da súa historia ao superar a barreira dos 7 millóns de quilos que rozou no 2011, cando entraron en adega 6.999.560 quilos.

Das 96 adegas que vendiman esta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 19 están a realizar labores de vendima, 4 téñena paralizada e 73 xa terminaron. Ata o momento os datos oficiais de recollida de uva son:  

Variedades tintas: Mencía: 5.845.403 k, Brancellao: 28.147 k, Merenzao: 62.767 k, Caíño: 30.920 k, Grao Negro: 2.057 k, Garnacha: 363.158 k, Mouratón: 10.752 k, Sousón: 90.153 k e Tempranillo: 58.819 k

Variedades brancas: Albariño: 69.852 k, Branco lexítimo 3.420 k, Dona Branca: 5.524 k, Godello: 406.656 k, Loureira: 2.121 k, Torrontés: 3.675 k, Treixadura: 36.634 k

A vendima comezaba oficialmente o 19 de setembro, aínda que varias adegas iniciaran a recollida a finais de agosto. Os traballos víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorolóxicas que contribuíron ao estado óptimo da uva.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: