Imprimir y PDF

28 e 29 de maio

XV CATA DOS VIÃ?OS DA RIBEIRA SACRA

25/05/2009

Os días 28 e 29 de maio celébrase no Parador de Turismo de Monforte a XV Cata dos Viños de Ribeira Sacra que organiza o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Poden participar na cata os viños elaborados por adegas inscritas na D.O. que se atopen en fase de comercialización. Establécense 3 categorías:
.viños brancos; entrarán a concurso os brancos Ribeira Sacra Branco Súmmun, correspondentes á colleita 2008.(volume mínimo superior a 1.000 litros)
.viños tintos; entrarán a concurso os tintos Ribeira Sacra Tinto Súmmun, correspondentes á colleita 2008.(volume mínimo superior a 1.000 litros)
.viños doutras anadas; pódense presentar viños doutras colleitas distintas a 2008 que non participasen en edicións anteriores e os viños con barrica da colleita 2008.(volume mínimo superior a 500 litros) � o segundo ano que se conta con esta categoría.

Técnicos do C.R.D.O.R.S. conformaron a mostra recollendo 3 botellas ao azar entre o stock de cada adega interesada en participar na cata.
Participarán 59 mostras, correpondentes a 35 adegas:
.10 mostras de branco
.37 mostras de tinto
.12 mostras para a categoría outras anadas


O día 27 pola tarde no Parador de Turismo de Monforte precíntanse as mostras ante notario. O día 28 ás 9:00 da mañá comeza a precata, catando os viños en series de 10 como máximo. Comezarase polos viños brancos e terminarán con viños doutras anadas.

à cata final pasarán, como máximo, 10 viños tintos, 6 viños na categoría de brancos e 6 viños doutras anadas. O día 29 ás 11:30 será a cata final, ante notario, seguida de comida, que se aproveitará para entregar os premios aos mellores de cada categoría.
Para as categorías de viños tintos e viños brancos haberá medalla de ouro, prata e bronce. Na categoría doutras anadas haberá unha medalla de ouro se o número de mostras participantes é igual ou inferior a 14, dúas medallas de ouro se o número de mostras é igual ou inferior a 20 e tres medallas de ouro se as mostras participantes superan as 20.

O panel de cata estará formado por 13 persoas:
Eugenio Rodríguez Suárez, Asociación Galega de Catadores, propietario de â??Vinoteca 64â? e restaurante â??Cuarenta y tantosâ?
Constantino Igresias Fernández, Asociación Galega de Catadores, docente e Director da Escola de Hostalería de Empresarios de Ourense
Mercedes González Rodríguez, Asociación de Catadores Gallaecia, catadora e docente
Antonio Raluy Rodríguez, Asociación de Catadores Gallaecia, titular tenda especializada â??Vinos con sentidoâ?
Luís Díaz Ãlvarez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S. e xornalista especializado de â??La Voz de Galiciaâ?
José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S. e catador propietario de vinoteca â??O Beiroâ?
Jorge Mazaira Pérez, Director Técnico C.R.D.O. Valdeorras
Luís Miguel López Núñez, Director Técnico C.R.D.O. Monterrei
José María Campos Villamarín, xornalista especializado da revista â??Epicurâ?
José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura e enoloxía
Fernando Lázaro Arranz, xornalista especializado â??El Mundoâ?
Mikel Ceberio Aguirre, Presidente da Asociación de Catadores de Navarra, restaurador
Luís Moreno Boj, colaborador en diversas revistas especializadas e colaborador da televisión valenciana

à comida e correspondente entrega de premios asistirán, entre outras autoridades, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, alcaldes de concellos de Ribeira Sacra e representantes da administración autonómica.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.