Os viños de Ribeira Sacra pódense degustar durante todo o percorrido da 69ª Volta Ciclista a España que terá lugar por diferentes puntos de toda a xeografía española.
É unha colaboración que cada ano realiza o Consello Regulador achegando viño en cada unha das etapas da Volta, coa finalidade de que nos diferentes puntos de España o persoal asistente poida degustar e coñecer a particularidade e excelencia os viños de Ribeira Sacra.
A 20ª etapa, penúltima, que será o próximo 13 de setembro ,tendrá o punto de saída en territorio ourensán pertencente á denominación de orixe Ribeira Sacra, en Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense) e con chegada ao Porto de Ancares.
Un ano máis a organización da Volta Ciclista a España elixiu parte do territorio de Ribeira Sacra para realizar unha das súas etapas, xa que na edición do pasado ano, unha delas tivo punto de saída no municipio lucense de Sober.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España