Imprimir y PDF

Inicio de Vendima

03/09/2014

Mañá, xoves día 4 de setembro de 2014, inicia a vendima a primeira adega en Ribeira Sacra, iniciándose así a Campaña 2014 de recollida de uva na denominación de orixe. A adega que inicia mañá a vendima é Val de Quiroga S.L. na subzona de Quiroga-Bibei, en Quiroga, provincia de Lugo.

Outras dúas adegas comunicaron ao Conselo Regulador o inicio de vendima, obtendo o permiso para facelo o próximo sábado día 6. Estás adegas son:

  • Adega do Mollón S.L. situada en Nogueira de Ramuín (Ourense) pertencente á subzona de Ribeiras do Sil
  • José Manuel Rodríguez González, situada en Doade, Sober (Lugo) pertencente á subzona de Amandi.

Estas adegas obtiveron permiso para iniciar a vendima debido ás características e situación dos seus viñedos que fan que a uva cumpra os parámetros esixidos polo Conselo Regulador para poder iniciar a recollida de uva.

Dende o pasado 25 de agosto os técnicos do Conselo Regulador da D.O. Ribeira Sacra están a realizar os controis de maduración en diferentes parcelas das cinco subzonas da denominación. Estes controis axudasen a que na próxima semana, cando se reúna o Pleno do Conselo Regulador, se fixe a data oficial recomendada para o inicio da vendima.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: