Imprimir y PDF

Ribeira Sacra con Carrefour en la Vuelta Ciclista a España

05/09/2014

A semana do 8 ao 13 de setembro o Conselo Regulador de Ribeira Sacra estará presente cun posto propio nos Centros Comerciais de Carrefour de diferentes cidades galegas coa finalidade de promover os viños da denominación de orixe.

Así o Conselo Regulador colabora con Carrefour, patrocinador oficial da 69º Volta a España, para que os asistentes aos centros poidan coñecer e degustar os viños da denominación de orixe e todo o relativo a Ribeira Sacra.

Os días e lugares onde o Conselo Regulador está presente son:

  • Luns 8: Carrefour de Ferrol na Coruña
  • Martes 9 e Mércores 10: Carrefour de Alfonso Molina na Coruña cidade
  • Xoves 11: Carrefour de Vigo I ( Pontevedra)
  • Venres 12: Carrefour de Ourense
  • Sábado 13: Carrefour de As Cancelas en Santiago de Compostela ( A Coruña)

A 20ª etapa da Volta, penúltima, que será o próximo 13 de setembro ,tendrá o punto de saída en territorio ourensán pertencente á denominación de orixe Ribeira Sacra, en Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense) e con chegada ao Porto de Ancares.
Un ano máis a organización da Volta Ciclista a España elixiu parte do territorio de Ribeira Sacra para realizar unha das súas etapas, xa que na edición do pasado ano, unha delas tivo punto de saída no municipio lucense de Sober.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: