Imprimir y PDF

Luis Gutiérrez de "The Wine Advocate" cata viños de Ribeira Sacra

10/10/2014

Luis Gutiérrez, catador para os viños de España da publicación estadounidense "The Wine Advocate" dirixida por Robert Parker, unha das publicacións máis influentes e seguidas a nivel mundial, estivo hoxe na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe para catar 55 mostras de diferentes tipos de viño pertencentes a varias adegas inscritas en Ribeira Sacra.

Froito da cata que realizou, publicará a finais de ano un artigo especial no que estarán incluídas as cinco denominacións de orixe de viño galegas.

As impresións que obtivo tras realizar a cata son moi positivas, algúns viños catados xa coñecíaos e outros é a primeira vez que os cata e o sorprenderon gratamente.

Luis Gutiérrez visita Ribeira Sacra dous anos despois de que o fixese o seu antecesor Neil Martin, a quen lle causo moi boa sensación os viños de Ribeira Sacra e publicou un extenso artigo a principios de 2013.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: