Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra protagonista do Salón dos Mellores Viños

28/10/2019

Durante hoxe e mañá celébrase no Pavillón 2 de IFEMA, o XX Salón dos Mellores Viños de España que organiza a Guía Peñín. Os consellos reguladores de Valencia, Rueda, Ribeira Sacra, Campo de Borja e Somontano darán a coñecer os seus viños máis representativos a través de catas e masterclass dirixidas, exclusivamente, a profesionais do sector, prensa e prescritores.

Hoxe ás 18.30 a cita é cos viños da D.O. Ribeira Sacra. A recoñecida enóloga Mª Isabel Mijares e García de Pelayo conducirá o seminario “Ribeira Sacra, o sabor dunha paisaxe”, que mostrará aos asistentes as características desta zona produtora. A cita servirá para dar a coñecer os viños da D.O. Ribeira Sacra, que recibiron na Guía Peñín unha cualificación superior a 90 puntos.

Así, da D.O. Ribeira Sacra preséntanse: 

  • Lapola 2017 de Dominio de Bibei, 93
  • Ribeira de los Naranjos 2016 de Finca Míllara, 93
  • Abadía da Cova Mencía 2018 de Adegas Moure, 92
  • Ourive Godello 2017 de Ronsel do Sil, 92
  • Capricho de Merenzao 2016 de Adega Ponte da Boga, 91
  • Regina Viarum Mencía 2018 de Regina Viarum, 91
  • TX Os Conventos 2015 de Tolo do Xisto – Coca i Fitó, 91
  • Rectoral de Amandi Edición Limitada Barrica Manolo Arnoya 2014 de Adegas Rectoral de Amandi, 90

A D.O. Ribeira Sacra é a terceira Denominación de Orixe de España mellor valorada na edición 2020 da Guía Peñín cunha puntuación de 90,67. No XX Salón dos Mellores Viños de España preséntanse 320 adegas españolas ante 5.000 profesionais nacionais e internacionais.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: