Imprimir y PDF

Presentación da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2015

17/12/2014

A Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2015 foi presentada oficialmente esta mañá en Ribeira Sacra.
O propio autor da guía, Luís Paadín, recoñecido sumiller, catador e docente estivo acompañado por José Manuel Rodríguez González, presidente do Consello Regulador.

Luís Paadín agradeceu aos membros do Consello Regulador de Ribeira Sacra a colaboración recibida e o esforzo realizado para poder levar a cabo a dobre cata ás cegas dos viños que se realiza para poder incluílos na guía. José Manuel Rodríguez tamén recalcou o grande esforzo realizado polas adegas de Ribeira Sacra que nesta edición aumentaron considerablemente a presenza dos viños con denominación de orixe Ribeira Sacra.

A Guía conta con máis de 1.400 referencias de viño, 523 adegas e destilarías e 535 fichas de cata.
Ribeira Sacra conta con 93 adegas referenciadas na Guía, onde un total de 90 viños da denominación de orixe obtiveron algunha medalla: 11 medalas de Grande Ouro, 51 medallas de Ouro e 28 medallas de Plata, un significativo aumento en relación á edición de 2014 onde os viños de Ribeira Sacra obtiveron 35 medallas.

A Guía, ao igual que nas tres edicións anteriores, foi editada por Servino Consulting a través do sistema de micro-mecenado e nesta edición realizouse unha tirada de 2.000 exemplares que se poden adquirir ao prezo de 20 € o exemplar en superfícies comerciais, librarías e vinotecas especializadas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: