Imprimir y PDF

Ribeira Sacra reúne aos Consellos Reguladores Galegos

23/01/2015

O Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra reuniu no restaurante O Grelo en Monforte de Lemos (Lugo) a preto de 90 persoas entre presidentes e demais persoal que forman parte dos 25 Consellos Reguladores que existen en Galicia, nunha comida anual de confraternidade que cada ano organiza rotativamente un consello regulador.
Tamén se contou coa presenza de membros da administración responsables do sector agroalimentario.

A Xornada serviu para compartir aspectos comúns e destacar a importancia da protección dos Produtos Galegos con distintivo de Calidade Diferenciada.
D. José Manuel Rodríguez, Presidente do CRDO Ribeira Sacra, destacou a importancia do papel do pequeno productor e elaborador para que o público en xeral poida gozar dos produtos galegos con denominación de orixe que garanten que son produtos cunha calidade diferenciada.

A elaboración do menu foi a cargo de D. Emilio Rodríguez, que confeccionou un menú exclusivo para a ocasión, consistente en varios pratos elaborados con produtos amparados polos distintos consellos reguladores, que foron aportados expresamente para o evento.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: