Imprimir y PDF

O presidente do Consello Regulador presenta Ribeira Sacra en Fitur

29/01/2015

O Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, presenta a nova Guía de Viños e Adegas de Ribeira Sacra no posto institucional da Xunta de Galicia en Fitur (Salón de Actos Turismo de Galicia / Posto de Galicia: Pavillón 9. Parcelas 9 CO 5 / 9 C 07 do Recinto Feiral Juan Carlos I en Madrid).
José Manuel Rodríguez acompaña o Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra para dar a coñecer a importancia e a gran vinculación do viño e as adegas de Ribeira Sacra coa grande expansión do turismo na zona, e para dar maior impulso ao territorio de Ribeira Sacra.

O Consorcio de Turismo realiza a través do seu presidente, Juan Carlos Armesto, unha presentación dos novos produtos promocionais como son o novo vídeo documental, un vídeo do blogtrip que Diego Pons realizou cando veu á zona, unha APP de información xeral e as audioguías de diferentes monumentos en Ribeira Sacra; produtos todos que animan a achegarse a Ribeira Sacra e axudan ao turista que xa se encontra nesta fascinante e espectacular zona.


No recinto de IFEMA onde ten lugar FITUR reúnese a industria mundial do turismo. A Feira concentrará en Madrid a oferta de 9.107 empresas de 165 países e a presenza de ao redor de douscentos mil visitantes de todo o mundo, dos cales cientoveinte mil son profesionales.La primeira cita turística do ano confirma a forte puxanza do sector: crece o número de participantes directos un 12% e a superficie de exposición, un 4%. O presuposto para a organización da Feira supera os dez millóns de euros, dos cales tres millóns se destinan a accións internacionais de promoción e convite a compradores.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: