Recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita 2014
10/02/2015
Os técnicos do Consello Regulador comezaron a recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita de 2014 que terá lugar o próximo día 20 de febreiro na subzona de Chantada, no concello de Carballedo (Lugo).
Para a Cata recolleranse un total de dez mostras de dez adegas diferentes, dous por cada unha das cinco subzonas que forman a denominación de orixe Ribeira Sacra (Amandi, Chantada, Quiroga Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil).
Nesta ocasión o panel de cata estará formado por nove catadores expertos de recoñecido prestixio e de diferente procedencia:
- Mercedes González Rodríguez, da Asociación Vitislucus Expertos en Análise Sensorial
- Jorge Marcote Gil, da Asociación de Sumilleres AGASU
- Rubén Valverde Domínguez da Asociación Gallega de Enólogos
- José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
- Jorge Mazaira Pérez, Director Técnico da D.O. Valdeorras
- Antonio Raluy Rodríguez, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
- Juan León Pérez, da Asociación Novos Amigos do Viño de Valdepeñas
- Elena Barbería Soto, da Confraría do Viño de Navarra
- Andrés Camacho García, da Asociación Novos Amigos do Viño de Valdepeñas
Nas últimas nove añadas a cualificación das colleitas de Ribeira Sacra foron valoradas como "Moi Boas", nesta colleita de 2014 haberá que esperar á cualificación que lle outorguen os expertos aínda que se prevé que como mínimo esta colleita sexa cualificada tamén como moi boa.