Imprimir y PDF

Resultado da Cata de Calificación da Colleita de 2014

20/02/2015

No concello de Carballedo (Lugo) tivo lugar a Cata de Calificación da Colleita de 2014 de Ribeira Sacra.
Os expertos catadores que proceden de diferentes organismos e asociacións do territorio español outorgaron unha puntación de 7,0 calificando así a colleita de 2014 de MOI BOA.
A calificación de Moi Boa para a colleita de 2014 de Ribeira Sacra é unha gran noticia para o conxunto de adegas que forman a denominación de orixe e marca a calidade dos viños que se elaboran en Ribeira Sacra.

O panel de cata estivo formado por nove catadores expertos de recoñecido prestixio e de diferente procedencia dentro do territorio español:

  • Mercedes González Rodríguez, da Asociación Vitislucus Expertos en Análise Sensorial
  • Jorge Marcote Gil, da Asociación de Sumilleres AGASU
  • Rubén Valverde Domínguez de la Asociación Gallega de Enólogos
  • José María Martínez Alonso, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Jorge Mazaira Pérez, Director Técnico da D.O. Valdeorras
  • Antonio Raluy Rodríguez, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Juan León Pérez, da Asociación Novos Amigos do Viño de Valdepeñas
  • Elena Barbería Soto, da Confraría do Viño de Navarra
  • Andrés Camacho García, da Asociación Novos Amigos do Viño de Valdepeñas


Os catadores procedentes doutros lugares de España e que coñecen os viños de Ribeira Sacra pero non o territorio, aproveitan o seu desprazamento ata a zona para realizar visitas divulgativas a adegas e viñedos da denominación de orixe; e para coñecer as peculiaridades das formas de cultivo, das variedades e do terreo en Ribeira Sacra.


A recollida de mostras para realizar a cata de calificación da colleita de 2014 comezou o pasado 6 de febreiro polos técnicos do Consello Regulador, que recolleron un total de dez mostras de dez adegas diferentes, dúas adegas por cada unha das cinco subzonas que forman a denominación orixe Ribeira Sacra, finalizando a recollida destas o pasado día 12.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: