A xornada ten como obxectivos remarcar a importancia da marketing no mundo do viño, estudar o mercado do viño a nivel nacional e internacional, dar a coñecer as novas estratexias de venda e incidir sobre a importancia do enoturismo como estratexia de promoción.
A xornada empeza ás 8:30 horas coa entrega de documentación do curso e conta coa participación de varios especialistas en diversos temas.
Os destinatarios desta xornada son: viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico de adegas e consellos reguladores e o público interesado en xeral.
O prazo de inscrición finaliza o 16 de marzo, e a inscrición pode formalizarse por fax ao número 988 488 191,
por correo electrónico a evega.medio-rural@xunta.es ou mediante o enlace á web abaixo indicada.
No link pódese consultar programa completo e descargar a ficha de inscrición.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España