Imprimir y PDF

Seminario Winetech Plus: Novos Camiños para a viticultura e a enoloxía

16/03/2015

Os coordinadores do proxecto WINETech PLUS, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), organizan o “Seminario WINETech PLUS: novos camiños para a viticultura e a enoloxía”, no que se ofrecen alternativas con potencial para a mellora continua e renovación do sector, e no que se fará unha reflexión sobre a súa situación actual, prioridades e alternativas de futuro.   No evento daranse a coñecer tamén os resultados obtidos co proxecto e se presentarán as iniciativas que permitirán manter activa a Comunidade WINETech, máis alá do proxecto.   OBXCETIVOS

  • Informar sobre experiencias desenvolvidas noutras rexións vitivinícolas
  • Presentar liñas de traballo con potencial para a súa aplicación en Galicia
  • Facilitar o contacto con entidades de apoio ao sector
  • Xerar unha reflexión sobre a situación do sector a nivel rexional e europeo
  DESTINATARIOS
  • Adegas
  • Viticultores
  • Centros de investigación e centros tecnolóxicos
  • Outras entidades, organizacións ou persoas interesadas na temática do evento
INSCRICIÓNS  E INFORMACIÓN
Inscrición gratuíta.
Aforo limitado. As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada. Data límite: xoves 19 de marzo.
Máis información e inscricións: no documento adxunto

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: