Nesta feira participan 23 adegas, todos os asistentes á feira poderán degustar os viños das adegas participantes e gozar das actividades variadas que se realizan.
Programa de actividades:
SABADO 28 DE MARZO
Ás 11.30 h. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XXXV Feira do Viño de Amandi.
Ás 12.00 h. Apertura Oficial a cargo de Adega Malcavada en lembranza a seu fundador Antonio Vázquez López.
Ás 12.15 h. Actuación do Grupo de Música Tradicional do AGADIC.
De 16.30 a 19.00 h. Retransmisión en directo dende a Praza do Concello de Sober do programa da TVG “Aquí Galicia”, con entrevistas, actuacións de orquestras, Banda de Música de Sober, grupos folclóricos, humoristas, etc.
Ás 17.30 h. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 19.00 h. Actuación da Banda de Música de Sober.
Ás 19.30 h. Actuación da Charanga Madia Leva.
Ás 22.30 h. Actuación do grupo Os Festicultores.
DOMINGO 29 DE MARZO
Ás 10.30 h. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante)
Ás 10.45 h. Actuación da Charanga NBA.
Ás 11.00 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.
Ás 11.30 h. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 11.30 h. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
Ás 12.30 h. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
Ás 13.00 h. Pregón a cargo de D. Enrique Cerezo Torres, presidente do Atlético de Madrid.
Ás 13.30 h. Entrega de Premios os adegueiros.
Ás 17.00 h. Actuación da Charanga NBA.
Ás 19.30 h. Baile coa orquestra Los Satélites.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España