O Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez González, realiza unha visita ao colexio público Das gándaras en Monforte de Lemos (Lugo) para ser entrevistado polos alumnos de sexto curso de primaria.
Os alumnos que participan nun concurso sobre desenvolvemento e economía social impulsado pola fundación ONCE, Cáritas e o Colexio de Educación Especial Infanta Elena; realizan unha entrevista ao presidente da denominación para que lles explique que motivou a formación do consello regulador, que supuxo a formación da denominación para as adegas e os viticultores de Ribeira Sacra, como foron os inicios, as dificultades que tiveron que superar e a repercusión económica que supuxo para a zona xeográfica de Ribeira Sacra.
Coa entrevista realizada ao presidente da denominación de orixe, os alumnos participarán nun concurso presentando un resumo da información achegada en formato de artigo xornalístico.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España