Imprimir y PDF

Viños premiados nas Feiras do Viño

30/03/2015

Este fin de semana coñeceuse o listado dos viños que obtiveron premio na cata oficial que tivo lugar durante a celebración da XXXIII Feira do Viño de Chantada, o pasado día 8 de marzo.

Na categoría de viños brancos obtiveron premio:

1º Ás Glorias 2014 da adega Amedo S.L.
2º Viña Garoña 2014 de Adegas Viña Garoña S.L....
3º Condado de Sequeiras 2014 da adega Grupo Peago S.L.

Na categoría de viños tintos tamén houberon tres viños premiados:

1º Pero Bernal 2013 da adega Amedo S.L.
2º Albarduxe 2014 da adega Albarduxe S.C.
3º Diego de Lemos 2013 da adega Teijeiro Lemos S.L.

E na categoría de viños en barrica o premio foi para o viño Sabatelius Carballo 2013 de Adegas e Viñedos Lareu S.L.



Tamén no día onte tivo lugar a cata oficial celebrada con motivo da XXXV edición da Feira do Viño de Amandi en Sober.
Tras a cata oficial e a lectura do pregón fíxose público o listado de viños premiados nesta edición.

  • Guimaro Mencía 2014 da adega de Pedro Manuel Rodríguez Pérez
  • As Muras Mencía 2014 da adega de Tomás Rodríguez González
  • Cividade Mencía 2014 da adega de José Ramón Verao Pérez


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: