Imprimir y PDF

Ribeira Sacra no Salón de Gourmets en Madrid

10/04/2015

O CRDO Ribeira Sacra estará presente no Salón de Gourmets (Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade) que se celebrará do 13 ao 16 de abril de 2015 no Recinto Feiral Juan Carlos I en IFEMA, Madrid.

O CRDO estará situado no posto institucional da Xunta de Galicia (Pavillón 6, F 10). O horario de apertura do recinto será de 10:00 h. a 19:00 h.
Co fin de dar a coñecer o público asistente as peculiaridades e características do viño, da espectacularidade paisaxística e da viticultura en Ribeira Sacra, organizaranse diversas actividades entre as que destacamos as catas-presentacións conducidas por Nacho Costoya.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

LUNS 13 DE ABRIL DE 2015 12:00 h.
Cata-presentación dos viños de Ribeira Sacra realizada por Marta Villén Sierra del Consello Regulador da Denominación de Orixe.
"Sabores da nosa terra" I.G.P. Tenreira Galega / I.G.P. Lacón Gallego / I.G.P. Pataca de Galicia / I.G.P. Grelos de Galicia / C.R. Agricultura Ecolóxica / I.G.P. Castaña de Galicia.
Con Viños de D.O. Ribeira Sacra. Elaboracións de Taky do "Catering Boketé" (A Coruña)

MÉRCORES 15 DE ABRIL DE 2015 18:00 h.
Cata-presentación dos viños de Ribeira Sacra realizada por Marta Villén Sierra del Consello Regulador da Denominación de Orixe.
"O sabor do mar en conserva"
Con viños D.O. Ribeira Sacra.
Elaboracións de Héctor López do "Restaurante España" (Lugo)


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: