Esta institución realiza dúas viaxes anuais a diferentes rexións vinícolas do mundo. Nesta ocasión elixiron facer a súa primeira visita a Galicia a onde se desprazará unha comitiva composta por dezasete masters of wine. Durante os días 15 e 16 estarán relizando a visita a viñedos e a adegas de Ribeira Sacra.
Entre as funcións destas visitas encóntrase favorecer a promoción e difusión das rexións vinícolas, así como os intercambios profesionais cos masters of wine.
Os masters of wine realizarán unha xira polas 5 denominacións de orixe galegas e, no caso de Ribeira Sacra, estarán acompañados por membros do Consello Regulador xunto aos que asistirán a charlas explicativas sobre as peculiaridades e características do viño da D.O. e realizarán unha cata de varias mostras de viños tintos, brancos e en barrica de diferentes adegas.
Posteriormente, os masters of wine terán a oportunidade de coñecer os viñedos bañados polos ríos Miño e Sil, onde visitarán dúas adegas representativas da D.O. Ribeira Sacra.
Tras as visitas ás adegas, os masters of wine gozarán doutros puntos de vista da Ribeira Sacra a través dunha viaxe en catamarán polo río Sil, dende o que poderán apreciar a paisaxe en bancais da viticultura de montaña así como a beleza paisaxística e patrimonial da Ribeira Sacra.
Os masters of wine, que viaxan a Galicia acompañados do español Pedro Ballesteros Torres, proceden de diferentes paieses de todo o mundo:
de Estados Unidos (Patrick LR Farrell),
de Australia (Alison Ctercteko),
de Alemaña (Frank Roeder),
de Noruega (Arne Ronold),
de Inglaterra (Andrea Bridget Hargrave, Stephen John Bennett, Edward Charles, William Adams, Fiona Mcleod Morrison, Roderick Wesley Smith, Deirdre Moir Ardagh Blackstock, Anne Cramer Tupker, Angela Helen Muir, Jonathan Isaac Pedley e Sarah Jane Evans),
de Irlanda (Fergal Tynan)
e de Suecia (Anna Louise Sydbeck).
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España