Imprimir y PDF

Os viños de Ribeira Sacra foron presentados en 9 cidades andaluzas

23/04/2015

Antonio Pacheco, en la cata comentada en Málaga.

Antonio Pacheco, en la cata comentada en Málaga.

A unidade móbil da campaña visitou nas tres últimas semanas Córdoba, Sevilla, Huelva, Jerez da Frontera, Cádiz, Marbella, Málaga, Granada e Almería.
Murcia será a seguinte Comunidade Autónoma á que se desprazará a unidade móbil e, a continuación, esta percorrerá varias poboacións da Comunidade Valenciana.

A unidade móbil de "Sabores de Galicia" na que participa a D.O Ribeira Sacra, que ampara case un centenar de adegas e 200 marcas comerciais de viño, visitou dende o inicio da campaña -a principios deste mes de abril- un total de 9 cidades de Andalucía: Córdoba, Sevilla, Huelva, Xerez da Fronteira, Cádiz, Marbella, Málaga, Granada e Almería. Durante este tempo, varios centenares de persoas destas localidades, incluíndo representantes de diferentes institucións locais e público especializado como sumilleres ou membros de asociacións gastronómicas, puideron gozar de primeira man das catas comentadas ofrecidas.

Ruth Fernández Vidal, técnico da D.O Ribeira Sacra que dirixe as catas dos viños, destaca a "grande acollida e afluencia de público ás catas comentadas e á experiencia formativa que ofrece a D.O Ribeira Sacra a bordo da unidade móbil".
Entre as persoas que se achegaron a coñecer os viños destaca a presenza de Antonio Pacheco, Nariz de Ouro de Andalucía entre os anos 2008-2013, Ángel González, presidente da Asociación de Sumilleres de Córdoba, a Asociación Cata e Viño de Sevilla, representantes da Asociación de Sumilleres de Granada así como varias asociacións de consumidores e representantes do sector da hostalaría, a restauración e a distribución.

Testemuña deste éxito foron os medios de comunicación andaluces que, durante as últimas semanas, deron cobertura á iniciativa e publicou nas súas páxinas diversas informacións vinculadas a esta. Entre eles é necesario citar parte da recensión realizada pola Asociación de Sumilleres de Córdoba no seu blog Aderramar viños (http://aderramar.blogspot.com.es) "...sirvieron un tinto novo 2014 con predominio de mencía, aínda que o acompañaban outras variedades tintas. Con moita froita vermella, xa en nariz se apreciaba o seu amargor, pero en boca era lixeiro, algo amargo, equilibrado, e ácido. Un viño diferente en suma, que me pareceu moi interesante e cunha cor púrpura lixeira, preciosa. É deses viños que se elaboraron cunha proporción de uva enteira, e por suposto completamente sanda. (...) Hay que saber facelo, e neste caso o efecto era claro e sobresaínte".

A campaña "Sabores de Galicia", que terá continuidade na Comunidade de Murcia, pretende dar a coñecer a singularidade vinícola da Ribeira Sacra e poñer en valor a tradición milenaria coa que se elaboran os seus viños, que na actualidade contan cun gran prestixio no ámbito nacional e internacional. Tras Murcia, a unidade móbil visitará diferentes cidades da Comunidade Valenciana para, despois, continuar o seu periplo por outros puntos da xeografía española.

A iniciativa enmárcase dentro da campaña itinerante Sabores de Galicia, que ata o próximo 18 de xuño percorrerá un total de 40 cidades españolas. Xunto a Ribeira Sacra, participarán na campaña a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e a D.O. Arzúa-Ulloa.
Un camión expositor de amplas dimensións está a percorrer a práctica totalidade da xeografía española para albergar sesións técnicas sobre as características e aspectos de control e trazabilidade dos produtos certificados e amparados baixo estas denominacións. Se trata dun posto móbil concibido para atender a distintos colectivos vinculados coa actividade destas Denominacións, dende escolas de hostalaría, asociacións de consumidores, profesionais relacionados coa canle Horeca, distribución e sector comercial minorista da alimentación ou medios de comunicación, entre outros.

Momento de la cata realizada en Almería.

Momento de la cata realizada en Almería.

Momento de la cata realizada en Córdoba.

Momento de la cata realizada en Córdoba.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: