A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres o seu tradicional xantar de Nadal, unha cita de confraternidade na que se reúnen adegueiros, persoal laboral e representantes da Administración. O xantar tivo lugar nesta ocasión en casa Quinteliña, en Chantada, e un ano máis aproveitouse para entregar os galardóns ás adegas premiadas no Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” que se celebrou no mes de xullo no Valle d´Aosta (Italia).
O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, acudía o pasado 1 de decembro a recoller os premios que hoxe entregaron aos seus destinatarios as autoridades presentes. José Manuel Rodríguez aproveitaba para sinalar, “Cando a comezos da década dos 90 se comezaba nesta realidade que é a D.O. Ribeira Sacra non esperabamos chegar onde hoxe está Ribeira Sacra. Podemos sentirnos orgullosos de desenvolver entre todos este proxecto conxunto que fai que hoxe o noso territorio sexa coñecido e recoñecido. Deixamos caderno e bolígrafo para que os mozos continúen escribindo a historia e poidan seguir vivindo e traballando na Ribeira Sacra. Hoxe temos un modo de vida que debemos deixalo nas mellores condicións posibles para as novas xeracións”. Posteriormente entregábanse os premios do CERVIM, organismo que comezaba andaina xunto coa D.O. Ribeira Sacra. Un ano máis os viños da D.O. Ribeira Sacra triunfaron neste certame. A D.O. Ribeira Sacra presentaba a esta edición do certame 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos, pertencentes a 35 adegas e obtiña 19 premios:
Premiados Mondial des Vins Extrèmes 2019
Categoría Viños Brancos anada 2018:
Medalla de Ouro:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España