Paadín presenta en Ribeira Sacra a Guía de Viños de Galicia 2020
16/12/2019
Luís Paadín presentaba este luns, 16 de decembro, na D.O. Ribeira Sacra, a súa Guía de Viños de Galicia 2020 para a que se cataron máis de 1.500 viños e destilados. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, 140 medallas de Ouro e 37 medallas de Prata. Recibe ademais 4 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse desde hai 2 anos ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendo un recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia.
Obteñen o Ampelos: Adegas Moure, Algueirae Roberto Regal López
GRAN OURO GUÍA 2020 (todos viños tintos)
- Adega Vella Tradición 2017
- Casa Moreiras Selección 2018
- Cividade E. L. José Verao 2018
- Don Bernardino 4 Generación 2015
- Neno da Ponte Oubenzas 2017
- Tolo do Xisto Os Conventos 2015
Luís Paadín referíase así aos viños da D.O. Ribeira Sacra na Guía 2020: “Denotan unha gran diversidade e transfírese na Guía pola cantidade de referencias de pequenos produtores. Introducimos este ano nova iconografía, incorporando á ficha de viños a orixe da uva en base a tres niveis Zona/Rexión - Concello / Parroquia – Parcela. Aquí, creo que é onde Ribeira Sacra ten que posicionarse como a gran alternativa.
A diversidade que hai detrás das marcas vai parella a parcelas moi determinadas, é unha aposta neste ano e creo que é o camiño que vai ter Ribeira Sacra. Un ano máis aumentamos o número de viños catados e nas calidades non é que esteamos a regalar medallas, é que melloran ano a ano.”