Imprimir y PDF

Os viños de Ribeira Sacra conquistan as Comunidades de Murcia e Valencia

05/05/2015

A unidade móbil "Sabores de Galicia" na que participa a D.O Ribeira Sacra, que ampara case un centenar de adegas e 200 marcas comerciais de viño, visitou dende finais de abril un total de 5 cidades de Murcia e Valencia: Murcia, Elche, Alicante, Valencia e Vila-real.

Durante este tempo, varios centenares de persoas destas localidades, incluíndo representantes de diferentes institucións locais e público especializado como sumilleres ou membros de asociacións gastronómicas, puideron gozar de primeira man das catas comentadas ofrecidas por técnicos da D.O Ribeira Sacra.
Ruth Fernández, técnico da D.O Ribeira Sacra que dirixe as catas dos viños, destaca a "grande acollida e afluencia de público ás catas comentadas". Entre as persoas que se achegaron a coñecer os viños da D.O. Ribeira destaca a presenza de Axel Pitarch, Nariz de Prata en 2014, Miguel Ángel Martín, xornalista e sumiller, Kae Baba, xornalista xaponesa, David López Carreño, gastrónomo, así como membros da Asociación de Sumilleres de Arbasus, da Asociación de Enófilos de Valencia e da Asociación de Sumilleres de Castelló. Tamén visitaron o camión expositor alumnado e profesorado de varias escolas de hostalaría e turismo así como representantes dos Centros de Cualificación Turística de Murcia e do Centro de Turismo de Castelló, varias asociacións de consumidores e representantes do sector da hostalaría, a restauración e a distribución.

A campaña Sabores de Galicia, que terá continuidade na Comunidade de Cataluña, pretende dar a coñecer a singularidade vinícola da Ribeira Sacra e poñer en valor a tradición milenaria coa que se elaboran os seus viños, que na actualidade contan cun gran prestixio no ámbito nacional e internacional. Tras Cataluña, a unidade móbil visitará diferentes cidades doutras comunidades autónomas.

Momento de la cata en Alicante

Momento de la cata en Murcia


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: