Imprimir y PDF

A Denominación de Orixe recibe un importador de Xapón

07/05/2015

O Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra recibe a Kyoko Sengoku, importadora da empresa xaponesa Sengoku Co.Ltd. especializada na distribución de viños de diferentes paises. A súa empresa ten como clientes a diferentes establecementos do sector da restauración e da hostalaría, a tendas especializadas e tamén a consumidores finais.

Con esta visita que se levará a cabo durante dúas xornadas, abriranse novas posibilidades comerciais e afianzarase a presenza dos viños da Ribeira Sacra no mercado nipón no que, dende hai algún tempo, se consumen algunhas marcas da nosa Denominación de Orixe.
Durante a visita a Ribeira Sacra, Kyoko Sengoku terá a oportunidade de coñecer viñedos e adegas das diferentes subzonas que conforman a Denominación de Orixe.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: