O Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeira Sacra participa do 12 ao 14 de Maio na Feira Nacional do Viño (FENAVIN) que se celebra en Ciudad Real cada dous anos.
Trátase dunha feira de gran relevancia, que é referencia dentro do sector vitivinícola a nivel nacional e internacional ao que acoden adegas de toda España así como un gran número de empresas de importación de diferentes países.
FENAVIN especializouse no negocio exterior, unha proxección internacional que permite que a oferta vinícola española poida estar presente nos mercados máis importantes. Recibe visitantes de 65 paises diferentes repartidos por todo o mundo, dos que preto dun 90% pertencen ao sector da importación e da distribución.
Tamén é de gran relevancia a nivel nacional, xa que ofrece a posibilidade de dar a coñecer a viños de Ribeira Sacra dentro do territorio español.
Ribeira Sacra encóntrase localizada dentro da Feira nos seguintes lugares:
Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra: no Posto institucional da Xunta de Galicia, Pavillón 3 Osiris, Rúa 5/6
Adegas de Ribeira Sacra: Pavillón 4, Virgilio, Rúa 11/12
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España