Imprimir y PDF

O CRDO Ribeira Sacra participa en "Vinis Terrae"

21/05/2015

Viños e licores galegos daranse a coñecer e ampliarán os seus contactos comerciais grazas á asistencia ao salón de distribuidores españois de varias rexións e de importadores internacionais.
Vinis Terrae é un salón exclusivamente profesional e especializado no viño e os licores de Galicia cuxa misión é presentar os seus produtos a posibles compradores nacionais e importadores procedentes de distintos países do Mundo.
O salón convertido nun Centro de Negocios no que se realizan entrevistas entre os potenciais compradores e importadores cos produtores acollidos á denominación de orixe, permitirá aos viños de Ribeira Sacra darse a coñecer e abrir novos contactos no mercado nacional e internacional.

A este salón tamén acudirán varias adegas pertencentes á Denominación de Orixe:

  • Jorge Feijóo González (Adega Vella)
  • Roberto Regal López
  • Manuel Calvo Méndez (Bodega Ribada)
  • Régoa C.B.
  • Regina Viarum S.L.
  • Lar de Ricobao S.L.
  • Ronsel do Sil S.L.
  • Pena das Donas S.L.
  • S.A.T. Virxen dos Remedios
  • Teijeiro Lemos S.L.
  • Via Romana Adegas e Viñedos S.L.
  • Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.
  • Ernesto Rodríguez Pérez (Viña Peón)

Ligazóns


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: