Imprimir y PDF

Ribeira Sacra participa en Salimat

10/06/2015

O CRDO Ribeira Sacra estará presente no salón Salimat que nesta edición de 2015 mostra a súa grande experiencia no sector alimentario e gastronómico.
É un certame de grande importancia na comunidade galega e cunha repercusión importante tamén a niven nacional e internacional, onde a actividade comercial está reforzada xa que se dirixe tanto ao público profesional coma ao consumidor final.


As principais actividades que se desenvolverán na Aula de Catas da Consellería do Medio Rural e do Mar, Pavillón 1, e nas que estará presente o viño de D. O. Ribeira Sacra son:

  • Venres 12 ás 16:30 h.
       "A troita: rica, lixeira e saudable"
        Viño D. O. RIBEIRA SACRA, conxuntamente con D.O.P. Queixo Tetilla e D.O.P. Pemento de Herbón
        A cargo de José Manuel Mallón "Restaurante Dantaño" (Ames)
        Condutor: Nacho Costoya

  • Sábado 13 ás 18:30 h.
       " Tempo de Lamprea" con viño D. O. RIBEIRA SACRA
       A cargo de José Manuel Mallón "Restaurante Dantaño" (Ames)
       Condutor: Nacho Costoya


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: