Imprimir y PDF

Un equipo da Guía Peñín cata os viños de Ribeira Sacra

17/06/2015

Un equipo da Guía Peñín realizou esta mañá na sede do Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra unha cata de viños na que 25 adegas inscritas na Denominación de Orixe achegaron os seus viños co fin de valoralos e incorporalos na súa edición de 2016.
O equipo formado polo catador Pablo Vecilla e o responsable editorial Javier Luengo catou un total de 57 mostras das que, 42 eran de viño tinto, e 15 de viño branco. A maior parte de viños que cataron son da colleita de 2014, pero tamén puideron catar viños das anadas de 2013, 2012 e 2011

Ao termo da cata destacaron a calidade e evolución dos viños de Ribeira Sacra nos últimos anos, especialmente a dos viños tintos das anadas do 2011 e 2012. Consideran que Ribeira Sacra é unha denominación de orixe con gran futuro, onde destacan especialmente os viños tintos que son os que maioritariamente se producen na denominación, pero tamén apuntan que hai viños brancos moi interesantes.

A prestixiosa Guía Peñín é un importante referente do viño español en todo o mundo polo que supón unha excelente oportunidade para que os viños de Ribeira Sacra continúen abrindo novos mercados no sector vinícola.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: