Imprimir y PDF

Presentación novo material promocional do Consello Regulador

17/07/2015

O material promocional que elabora o Consello Regulador con toda a información relativa as adegas acollidas a denominación de orixe e as marcas que se elaboran baixo o amparo desta foi presentado hoxe nas instalacións do Centro do Viño en Monforte de Lemos (Lugo).
A presentación realizouna en presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, que expuxo ao público asistente as características do material e o grande esforzo realizado para solicitar a información de todas as adegas pertencentes á denominación de orixe.

Este material promocional que edita en Consello Regulador cosnta dunha Guía de Adegas e Viños completa e extensa con toda a información sobre a denominación de orixe: historia, turismo, variedades autorizadas, tipos de viño, fichas completas de bodegas,....etc., onde aparecen todas as adegas inscritas e as marcas que comercializa cada unha das adegas.
Tamén se reeditou un Folleto máis simplicado e resumiuno onde cada unha das adegas se representa unha única marca comercial.

Outro documento moi importante que se elaborou como novidade é un Mapa de Ribeira Sacra onde se inclúen todos os municipios e lugares que pertencen ao territorio da denominación de orixe, que ademais inclúe un listado de adegas e a súa situación no mapa.

Tamén forma parte do novo material promocional posters de paisaxes, libretas para anotacións e outros produtos de publicidade.

Todo este material inclúe as coordenadas GPS e os códigos QR de todas as adegas, que facilitan ao interesado a localización de cada unha das adegas de Ribeira Sacra e que hoxe en día se consideran totalmente necesarios para estar ao día coas novas tecnoloxías.

Este material ademais de estar editado en papel tamén pódese consultar nesta web no apartado Documentación > Catálogos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: