A cata concurso internacional que precede á publicación de "International Wine Guide" publicou o resultado das catas realizadas durante o mes de xullo. No concurso de cataron un total de 2694 viños de 28 países.
Ao certame presentáronse viños de diferentes paises de todo o mundo como Arxentina, Australia, Austria, Brasil, Canada, Chile, China, Alemaña, Francia, Grecia, Italia, Xapón, Malta, México, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Reino Unido....
Obtiveron medalla un total de 802 viños. O que supón aproximadamente un 30% das mostras presentadas.
Entre os obxectivos deste certame sinálanse informar os consumidores e profesionais internacionais do viño sobre a calidade dos viños premiados, axudando á difusión e comunicación destes; achegar unha mensaxe de orientación ao 80% dos consumidores que esperan referencias internacionais sobre o viño; potenciar a produción e elaboración de viños de calidade e contribuír á difusión da cultura do viño e do consumo razoable desta bebida con calidades beneficiosas para a saúde.
No caso de Ribeira Sacra dos seis viños que obtiveron medalla, tres son de ouro, dous de prata e un de bronce.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España