Imprimir y PDF

Viños de Ribeira Sacra galardoados na "International Wine Guide 2015"

24/07/2015

A cata concurso internacional que precede á publicación de "International Wine Guide" publicou o resultado das catas realizadas durante o mes de xullo. No concurso de cataron un total de 2694 viños de 28 países.
Ao certame presentáronse viños de diferentes paises de todo o mundo como Arxentina, Australia, Austria, Brasil, Canada, Chile, China, Alemaña, Francia, Grecia, Italia, Xapón, Malta, México, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Reino Unido....

Obtiveron medalla un total de 802 viños. O que supón aproximadamente un 30% das mostras presentadas.
Entre os obxectivos deste certame sinálanse informar os consumidores e profesionais internacionais do viño sobre a calidade dos viños premiados, axudando á difusión e comunicación destes; achegar unha mensaxe de orientación ao 80% dos consumidores que esperan referencias internacionais sobre o viño; potenciar a produción e elaboración de viños de calidade e contribuír á difusión da cultura do viño e do consumo razoable desta bebida con calidades beneficiosas para a saúde.

No caso de Ribeira Sacra dos seis viños que obtiveron medalla, tres son de ouro, dous de prata e un de bronce.

  • VR Mencía Barrica 2011 de Adegas e Viñedos Via Romana - Medalla de Ouro
  • Terreo Cuarta Mencía Barrica 2013 da adega Rubén Moure Fernández - Medalla de Ouro
  • Terreo Cuarta Godello Barrica 2013 da adega Rubén Moure Fernández - Medalla de Ouro
  • Vía Romana Godello 2014 de Adegas e Viñedos Via Romana - Medalla de Prata
  • Terreo Cuarta Mencía 2014 da adega Rubén Moure Fernández - Medalla de Prata
  • Vía Romana Mencía 2013 de Adegas e Viñedos Via Romana - Medalla de Bronce


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: