Premiados na XV Cata- Concurso de "Viños Tintos Galegos"
12/08/2015
Na sede do Consello Regulador en Monforte de Lemos (Lugo) tivo lugar a entrega de premios da XV Cata-Concurso de "VIÑOS TINTOS GALEGOS" celebrada en Ermua o pasado 27 de xuño con motivo do "XXX DÍA DE GALICIA EN EUSKADI", na que os viños de Ribeira Sacra resultaron premiados con dous dos tres premios que se outorgan; o primeiro e o terceiro.
A este concurso de presentan viños das cinco denominacións de orixe galegas; e nesta edición os viños tintos de Ribeira Sacra obtiveron un amplo recoñecemento.
Os viños premiados de Ribeira Sacra foron:
- PRIMEIRO PREMIO: REGINA VIARUM Mencía 2014 da adega Regina Viarum S.L. de Sober (Lugo)
- TERCEIRO PREMIO: ADEGA VELLA Mencía 2014 da adega Jorge Feijoo González de A Teixeira (Ourense)
O segundo premio foi para un viño da denominación de orixe Valdeorras.
Na entrega de premios participou o presidente da Asociación de Euskadi de Sumilleres D. Iñaki Suárez e D. José David Fidalgo como Secretario e organizador da cata-concurso; e representantes das dúas adegas premiadas.
Tamén estivo presente D. José Manuel Rodríguez González, Presidente do Conselo Regulador Ribeira Sacra que recibiu o premio correspondente como denominación de orixe.