Despois de 50 días de intensa actividade nos viñedos e adegas da denominación de orixe, hoxe deuse por finalizada a campaña de recollida de uva cun total de 95 adegas que elaborarán viño baixo o amparo da denominación de orixe na campaña 2015-2016.
O pasado 28 de agosto comezaba puntualmente a vendima en Ribeira Sacra para aquelas adegas que polas características e localización dos seus viñedos facían que a uva cumprise os parámetros esixidos polo Consello Regulador.
O día 15 de setembro era a data oficial recomendada para o inicio da vendima.
Durante os días que durou a vendima as condicións meteorolóxicas foron moi favorables; xa que as choivas foron escasas e puntuais e o bo tempo predominou durante toda a campaña de recollida.
A uva entrou nas adegas nun estado sanitario bo polo que se prevé que a colleita sexa de moi boa calidade.
A cantidade total de quilos recollidos nesta campaña é de 6.194.780 o que supón 1,4 millóns máis de quilos que na campaña anterior na que se recolleron 4.773.674 millóns.
En liñas xerais cumpríronse as previsións coa que contaba o Consello Regulador ao comezo da campaña.
As tarefas de control de calidade e orixe durante a vendima nos viñedos e adegas da denominación de orixe, levouse a cabo polo persoal técnico do Consello Regulador, que ademais contou co reforzo de 13 técnicos veedores contratados especialmente para a época de vendima.
A cantidade de quilos diferenciada por variedades é:
Mencía: 5.235.869
Brancellao: 41.216
Merenzao: 52.996
Caiño: 6.743
Garnacha: 332.250
Mouratón: 7.195
Sousón: 47.339
Tempranillo: 88.062
Total Variedades Tintas: 5.811.670 kgs.
Albariño: 66.891
Doa Branca: 7.023
Godello: 265.381
Loureira: 1.139
Torrontés: 3.198
Treixadura: 39.478
Total Variedades Brancas: 383.110 kgs.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España