Imprimir y PDF

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade protagonista en FITUR

22/01/2020

A D.O. Ribeira Sacra participará no acto, que este mércores ás 14.00 se celebra en FITUR, adicado á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade. A cita será no stand de Galicia, contando co Presidente da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, o Presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián e a Directora Xeral de Patrimonio Cultural que se achegará ao estado no que se atopa a candidatura ante a UNESCO.

FITUR, a primeira cita anual para os profesionais do turismo mundial e a feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica acollerá outra interesante cita, neste caso o venres 24 de xaneiro, no estand do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (9 C14). Ás 10.15 celebrarase a mesa redonda “Enoturismo, xerando valor nas zonas rurais”, organizada pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), en colaboración coa Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN).

O encontro, para o que non se necesita inscrición previa, servirá para expoñer aos profesionais o nivel de desenvolvemento alcanzado polo enoturismo e o seu enorme potencial para impulsar o desenvolvemento de numerosas zonas rurais. Comezando por unha contextualización sobre a situación do enoturismo na actualidade, a cita servirá para que os profesionais do turismo coñezan de primeira man o elevado nivel e o potencial do enoturismo en España, deixando claro o seu carácter de produto experiencial e colaborativo, resultado da unión do prestixio das Denominacións de Orixe, do saber facer das adegas das súas zonas e da colaboración de múltiples axentes do territorio: administracións locais, establecementos de hostalería e outras iniciativas privadas.

Achegaranse claves polas que o enoturismo pode considerarse unha potente ferramenta de loita contra o despoboamento, potenciando os recursos das zonas rurais, dinamizando e contribuíndo á preservación do seu patrimonio histórico-artístico, gastronómico e natural e atraendo investimento e recursos económicos para o medio rural.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.