Imprimir y PDF

Recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita

15/02/2016

Os técnicos de Consello Regulador comezaron a recollida de mostras para a Cata de Cualificación de Colleita de 2015 que terá lugar o próximo día 26 de febreiro. Nesta ocasión esta cata que ten cáracter rotatorio terá lugar na subzona de Quiroga-Bibei, e en concreto no concello de Ribas de Sil (Lugo).  
Para a Cata de Cualificación recolleranse un total de dez mostras representativas das cinco subzonas que forman a denominación de orixe (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil). As mostras recolleranse de dez adegas diferentes, dúas por cada unha das cinco subzonas que forman a denominación.  

Nesta ocasión o panel de cata estará formado por dez catadores expertos de recoñecido prestixio e de diferente procedencia:

Nas últimas dez anadas a cualificación das colleitas de Ribeira Sacra foron valoradas de Moi Boas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: