Ribeira Sacra en Alimentaria
22/04/2016
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente na feira Alimentaria (Salón Intervín, Pavillón 3, Stand E 542) que se celebra do 25 ao 28 de abril no Recinto Gran Vía de Barcelona.
Nesta ocasión Ribeira Sacra estará representada por persoal técnico do propio Consello Regulador, e por máis de 20 adegas, que van como co-expositoras ou que participan no Túnel do Viño que por primeira vez organiza o Consello Regulador.
O Túnel do Viño estará formado por 35 marcas de 17 adegas diferentes.
O público profesional asistente poderá catar diferentes viños de Ribeira Sacra, brancos, tintos e de diferentes anadas.
As adegas que presentan os seus viños no Túnel do Viño son:
- Manuela Valdés Pérez
- Adega Cachín S.C.
- Regina Viarum S.L.
- Amedo S.L.
- Lar de Ricobao S.L.
- Araceli Vázquez Rodríguez
- Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.
- Albarduxe S.C.
- Víctor Manuel Rodríguez López
- Adegas e Viñedos Via Romana S.L.
- Rubén Moure Fernández
- Pilares de Belesar S.L.
- Ramón Marcos Fernández
- Ronsel do Sil S.L.
- D’Fran S.C.
- Adegas Moure S.A.
- Pena das Donas S.L.
Tamén haberá adegas da Denominación de Orixe que estarán presentes como co-expositoras:
- Adegas Moure S.A.
- Ronsel do Sil S.L.
- Dominio do Bibei S.L.
- Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U.
- Regina Viarum S.L.
A aposta da Denominación de Orixe Ribeira Sacra por Alimentaria é unha aposta forte, baseada no convencemento de que a presenza neste Salón é imprescindible e abre novas oportunidades de negocio para as adegas, tanto a nivel nacional como internacional, e axuda a consolidar as relacións comerciais xa establecidas. Alimentaria, como feira bianual, é unha das feiras máis importante a nivel nacional e internacional.
Alimentaria será o centro de negocios internacional para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e gastronomía, xa que acoden profesionais de todos os países do mundo. Unha cita obrigada coa innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector. Alimentaria 2016 mantén e potencia os seus alicerces básicos de crecemento: internacionalización, innovación, gastronomía e especialización sectorial.