Imprimir y PDF

Premiados na XXII Cata dos Viños da Ribeira Sacra

27/05/2016

O Balneario de Augas Santas na localidade de Ferreira Pantón (Lugo) foi o escenario para a entrega dos premios da XXII edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra que tivo lugar en Monforte de Lemos (Lugo) os días 26 e 27 de maio.  
O panel de cata formado nesta ocasión por 11 expertos catadores tivo que examinar un total de 55 mostras de 30 adegas diferentes presentadas a concurso.  

Os premiados por categorías foron:  

VIÑOS TINTOS:presentáronse 34 mostras e os premiados foron:

  • Medalla de Ouro: P PONTE DA BOGA (MENCÍA) da adega Adega Ponte da Boga S.L. de Castro Caldelas (Ourense).
          Premio entregado pola Conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia Ángeles Vázquez Mejuto

  •  Medalla de Prata: REGINA VIARUM (MENCÍA) da adega Regina Viarum S.L. de Sober (Lugo)
          Premio entregado por José Luis Álvarez Blanco, alcalde de Pantón

  •  Medalla de Bronce: SAIÑAS (MENCÍA) da adega Javier Fernández González de Pantón (Lugo)
          Premio entregado por José Tomé Roca, alcalde de Monforte de Lemos  


VIÑOS BRANCOS: presentáronse 10 mostras e os premiados foron:

  •  Medalla de Ouro:  REGINA VIARUM (GODELLO) da adega Regina Viarum S.L. de Sober (Lugo)
          Premio entregado por Miguel Ángel Soutela Veiga, en representación da Deputación de Lugo

  •  Medalla de Prata: ABADIA DÁ COVA (BRANCO SUMMUM) da adega Adegas Moure S.A. do Saviñao (Lugo)
          Premio entregado por Roberto Castro Garcia, Subdelegado do Goberno en Ourense

  •  Medalla de Bronce: PEZA DO REI (BRANCO SUMMUM) da adega Adega Cachín S.C. da Teixeira (Ourense)
          Premio entregado por Manuel Feijoo González, en representación do concello da Teixeira  



VIÑOS DOUTRAS ANADAS: presentáronse 11 mostras e o premiado con Medalla de Ouro foi:

  •    ABADIA DÁ COVA (MENCIA BARRICA 2014) da adega Adegas Moure S.A. do Saviñao (Lugo)
          Premio entregado por Raquel Arias Rodríguez, Delegada Provincial de Lugo    



O Consello Regulador da D.Ou. Ribeira Sacra utilizou como premios pezas de alfaería de deseño exclusivo elaboradas por Elías González do Centro Oleiro de Gundivós de Sober (Lugo).  

A entrega de premios foi seguida da tradicional comida que reúne a adegueiros, persoal do CRDO Ribeira Sacra, medios de comunicación e representantes da administración autonómica e local.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: