Imprimir y PDF

Cata para as Distincións Gallaecia e para os Premios Excelencia

18/07/2016

Como cada ano, a sede do Consello Regulador foi é escenario da cata para as Distincións Gallaecia, os Premios Excelencia e Guiar de Viños, Destilados e Adegas de Galicia que dirixe Luís Paadín.

Nesta ocasión o panel de cata estivo formado por 19 catadores da Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia e da Asociación Galega de Catadores.
As mostras presentadas para estas catas ascenden a 80 de diferentes tipos de viños tintos e brancos e, de diferentes anadas; pertencentes a 28 adegas inscritas na Denominación de Orixe.
A cata foi a cegas e consistiu nunha primeira selección ou exame dos viños que pasasen á cata final.

A principios do próximo mes de setembro coñeceranse os viños premiados coas "Distincións Gallaecia" e ao final de ano publicarase a nova edición de Guia de Viños, Destilados e Adegas de Galicia.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: